CLUB AFICIONADOS CICLISMO

obxetivos

btt verín

unión

En primeiro lugar está o de reunir a toda aquela xente que de xeito disperso xa estaba practicando este deporte na comarca, creando un ambiente de compañeirismo. Sempre se anima un máis a facer as cousas cando se fan en grupo que un só. Créanse vínculos co colectivo que favorecen á continuidade da realización da actividade e a non abandonala por falla de motivación. E é máis divertido.

competición

Outro dos obxectivos fundamentais é o de organizar alomenos unha marcha, de caracter anual, na Comarca de Monterrei. Esta marcha servirá de promoción da rexión entre os asistentes doutros clubes portugueses, galegos, españois,… ou a título individual que se acerquen ese día, tanto a pedalear como coma acompañantes (aos que lles haberá que ofertar algún tipo de visita durante a celebración da proba: ao castelo, a algunha adega, balnearios,…).

saudE

Por outra banda fomentamos a práctica de hábitos de vida saudábeis como é o da práctica deste deporte, servindo de bo exemplo ás xeracións máis novas que nos suceden.

Destacar que a práctica do ciclismo de montaña dun xeito afeccionado é unha actividade das máis saudábeis e aconsellábeis entre outras razóns polo contacto coa natureza: paisaxes, vexetación, fauna,…. Ademais é un deporte non agresivo co medio ambiente e non contaminante e aínda incluso exercemos en determinadas épocas unha labor intimidatoria cara os causantes dos incendios forestais pola nosa presenza nos montes, así como unha labor de vixilancia e de alerta, dada a elevada distancia que cubrimos coas nosas saídas e o numeroso do grupo. 

club ciclista verín

btt verín

correo electrónico: 

bttverin@gmail.com